Campamento 2021
Bos días familias,
xa estamos no cuarto día!! O tempo pasa voando para nós, que o estamos pasando xenial. Contámosvos un pouquiño o que estivemos a facer estes días
Como non somos menos deportistas que os de Tokío, en Cabana comezamos os nosos propios xogos olímpico e paralímpicos, OS XOGOS OLÍMPICOS E PARALÍMPICOS CABANA 2021!!!!
A primeira noite tivemos que atopar os aros olímpicos que roubaron unhas persoas desalmadas xusto antes do seu inicio. Por sorte fomos capaces de atopalos e o día seguinte puidemos facer a gala de apertura co seu correspondente acendido de caldeiro. Foi moi emocionante facer o desfile coa facho por toda a praia Non sen antes deseñar as nosas equipamento deportivas e as nosas propias bandeiras.
Ademais comezamos as competicións deportivas coa modalidade de atletismo… foron uns xogos moi axustados, a competición está moi igualada!!
Pero non queremos despedirnos de vós sen antes contarvos que onte vivimos unha aventura inesquecible Participamos nun Ultra Trail organizado polos xogos que fixo que cruzásemos a ría andando e nadando, que rodeásemos o Monte Branco e de surfear as ondas do mar co corpo. Foi un camiño canso pero moi, moi chulo
Familias, pronto teredes novas pola nosa parte. Querémosvos moito, un bico xigante
Boas tardes familias,
antes de nada queremos desculparnos por non facer ningunha entrada no blog durante estes días. Tivemos un problema técnico coa páxina web e non puidemos arranxalo antes L
Na casa contarémosvos máis cousas pero agora imos a deixarvos un pequeno resumo dos días que estamos a pasar
Como xa sabedes, estamos a participar nos xogos olímpicos e paralímpicos de Cabana 2021, por ese motivo o mércores estivemos xogando ó baloncesto en cadeira, ó goalball e ó volei sentados. Pola noite convertémonos es Hércules facendo unhas probas moi divertidas que requiría de axilidade, forza, resistencia e sobre todo intelixencia.
O xoves foi un día para campións e campioas. A parte dos xogos que realizamos ó longo de todo o día nas pistas deportivas e na praia, pola noite fixemos unha ruta nocturna pola contorna para visitar O Castro de Borneiro. Dende alí puidemos ollar as estrelas fugaces e escoitar a un coñecido físico galego, Jorge Mira, falar sobre o universo. Foi unha aventura inesquecible!!
Onte xa comezou a competición de natación… Ollo, os resultados estiveron moi axustados tamén en esta ocasión!! Ademais fixemos un obradoiro de pulseiras con fíos, xoias que agora locen nas nosas mans con moito arte J Pola noite fixemos un xogo de estratexia moi divertido, tanto que hoxe queremos repetilo de novo.
O dito, por aquí todo vai moi ben, amosamos a nosa creatividade, autonomía e fortaleza J Esperamos que non teñamos moitos máis problemas coa páxina estes días.
Unha aperta grande familias, querémosvos!!
