Boas tardes familias!!!
Primeiramente perdirvos disculpas por non subir antes contenido pero tivemos problemas coa páxina e se nos resistiu.
Xa estamos no día cinco e o tempo está pasando voando xa que o estamos pasando increíble, a continuación os contamos o que estivemos a facer durante estos intensos días.
A temática da nosa quenda é a interculturalidade polo que moitas das actividades que estamos a realizar e que realizaremos terán que ver con este tema.
O primeiro día fixemos xogos de presentación para irnos coñecendo entre todos e todas, e a noite realizamos unha velada centrada no atrapa a bandeira, onde éramos dúas tribus co obxectivo de protexer os seus amuletos.
Durante a xornada do segundo día fixemos a ruta dende ao albergue ao monte branco finalizando na praia de Balarés, a decir verdade foi intensa pero super gratificante cando a realizamos enteira e poidemos observar as marabillosas vistas da contorna, ademais alí desfrutamos dun xeado y dun refrescante baño. Durante a noite xogamos a un xogo de estratexia na praia onde obedeciamos as ordes dos nosos capitáns.
O terceiro día foi de relax abrindo cuns xogos e posteriormente realizamos un debate sobre as diferentes culturas que se atopan no mundo. Pola tarde realizamos xogos na praia e fosos de viaxe a unha cultura chamada albatros donde un grupo representaba as súas costumes e o resto eramos observadores para realizar un debate final. Pola noite nos dedicamos a caza dos vampiros.
Durante a xornada no cuarto día fomos de visita ao astaleiro onde Martín nos estivo contando que facía, e a tarde a dedicamos a xogar a colonos e tribais onde cada un representaba un rol coa intención de obter recursos para sobrevivir. Por último a noite finalizouse con unha velada dos 5 sentidos experimentando sensacións a través do gusto, oído, olfato, tacto e vista.
A verdade e que non paramos e que ben o pasamos, un saudiño!!
Boas tardes familias!!!
O ritmo non para e nós o estamos pasando increíble. Contamos como foron transcurrindo os días.
