Quen somos?

“MANCUCO ANIMACIÓN” é unha empresa con máis dunha década de experiencia adicada o ocio e tempo de lecer dende unha perspectiva lúdica, formativa e educativa. Apostamos por unha dinamización do tempo libre de calidade, poñendo todos os recursos necesarios para a creación de diferentes proxectos, realización de servizos e creación de contidos personalizados.

A nosa solvencia técnica apoiase na formación e experiencia do persoal co que contamos, como elemento diferencial da nosa proposta empresarial. Isto repercute directamente sobre todos os proxectos e servizos prestados. Desenvolvemos o noso traballo en base a uns principios fundamentais: “Traballo na Igualdade de Xénero”, “Dinamización Multidisciplinar”, “Educación pola acción” e “Contidos personalizados”.

A través do noso traballo, chegamos a diferentes colectivos sociais; nenos/as, mozos/as, adultos/as, maiores, persoas en risco de exclusión social, persoas con diversidade funcional e outros.

¨REDESCUBRE O TEMPO DE LECER¨

David Orihuela

Cesáreo Villar

Scroll al inicio