Campamento “A Tarela” 2020 Medianos
O CANSANCIO NON PODE CON NÓS!!!
COMEZAMOS!!
Primeiro día de campa na instalación de A Tarela!! Hoxe, despois de coñecernos a través de diversos xogos de distensión, visitamos a praia de Cabeiro para darnos o primeiro baño do campa e xogar tod@s xunt@s. Ademais, pola noite xogamos a un xogo moi divertido na zona exterior, A CAZA DO MONITOR, e leemos as primeiras cartas do buzón
Mañá esperannos novas sorpresas!! Por certo, comezaremos co do totem
Bicos e apertas
E REMATAMOS…
Pero non sen ensinar antes fotos e vídeos do noso paso polo campamento de verán 2020 na Tarela. A pesar de ser un ano diferente, pasámolo en grande coas diferentes actividades que realizamos o longo de estos días: andainas ata a praia de Aguieira, esculturas de area, carreiras de chapas, xogos na praia, xogos deportivos, veladas divertidas, un gran xogo para coñecer o pobo de Porto do Son, avistamento de perseidas desde a praia de Caveiro, percusión da man das compañeiras de A PERCUDORÍA, churrascadas con música tradicional de fondo, festa, e un sen fin de momentos moi divertidos.
Agardamos que a vosa participación nesta aventura fose tan boa como a nosa, e esperamos vervos o ano próximo.
Biquiños e apertas xigantes
