Campamento 2021
Bos días familias!!
Xa levamos dúas noites en Cabana de Bergantiños e cada vez o estamos pasando mellor!! Certo é que os xogos da noite fan que durmamos menos da conta, pero paga a pena polo divertidos que son.
O primeiro día estivemos coñecendo @s monitor@s e @s compañeir@s a través de diferentes xogos e,a demais, tamén fixemos unha velada na que tivemos que utilizar as lanternas para atopar as pezas agochas dun quebracabezas que tiña relación coa temática do campamento, os contos.
Onte, @s monis xa nos contaron o primeiro de eles, O PIRATA PATA DE LATA. É un conto co que puidemos facer moitos xogos divertidos e, ademais, UN BARCO!!
Xa nos despedimos dicíndovos que hoxe imos a visitar o Monte Branco, unha duna natural que está aquí o ladiño, e imos a facer unha parte do camiño da ruta dos faros. Tamén pasaremos o día nunha praia que se chama Balarés.
Xa teredes noticias novas axiña!!
Familias,
xa levades uns días sen novas nosas pero que saibades que é porque o estamos pasando xenial.
O longo de estes días camiñamos ata o Monte Branco, gozando dunhas vistas moi fermosas; traballamos a igualdade realizando xogos que nos limitaban de algún xeito a través das Paraolimpiadas de Cabanas 2021; tamén realizamos unha Romaría Castrexa entre tod@s coa que o pasamos fenomenal; e hoxe coñecemos o castrense Borneiro e visitamos o Dolmen de Dombate.
Deixámosvos algunhas fotiños, esperamos que vos gusten
Unha aperta xigante
