Campamento Infantil 2020
CHEGOU O DÍA!!
Acabou o día pero non a romaría!!
Hoxe foi o noso primeiro día no campa de verán nas instalacións de A Tarela. Despois de presentarnos e coñecernos un pouco máis, baixamos a praia para darnos o primeiro chapuzón e facer uns xogos moi divertidos.
Pola noite xogamos por toda a instalación ás Tres Pedras coa axuda das nosas lanternas,un xogo moi divertido de estratexia
Mamis e papis, moi pronto teredes novas nosas. Un bico dende a distancia.
Boas noites a tod@s!!
Hoxe foi o noso primeiro día completo no campa de verán Pola mañá fixemos unha morea de xogos con pelota moi divertidos e, ademais, creamos o noso propio papaventos para poder voar nos próximos días. Pola tarde visitamos de novo a praia de Cabeiro. Alí fixemos xogos tradicionais, como o pano, e xogos deportivos.
Por outro lado temos que contarvos que comezamos con un xogo moi perigoso, o TOTEM, e tamén co BUZÓN DA AMIZADE. No primeiro temos que ter moito coidado co que decimos porque, se pronunciamos a parabra prohibida, temos que superar un reto o día seguinte.
Mañá seguimos contándovos!! Biquiños grandes
Boas noites!!
Hoxe temos que contarvos algo importante, unha compañeira hoxe cumpleu 9 anos!!!!!!! Despertámola cantando o cumpleanos feliz e despedimos o día soplando as velas e comendo unha tarta de chocolate con ela Foi un día moi divertido!!
Ademais, fixemos obradoiros para preparar o noso iogurcesto e un pisapapeis cun canto rodado. Por outro lado realizamos unhas olimpiadas na praia e, pola noite, invadiron a nosa instalación os Piratas. Arrrrrrrrrrg!!
Por certo, onte coñecemos o pobo de Porto do Son a través de un xogo de pistas
Apertas xigantes!!
Despois dunha semana chea de anécdotas, diversión e compañeirismo, chega o día de poñer un punto e seguido a esta aventura
Percorremos a contorna cunha andaina á praia de Aguieira, tirámonos dende o espigón, realizamos xogos no areal, cantamos, bailamos o son do King Kong, rimos moito cos xogos de pega da noite do xoves e gozamos coa festa de despedida. Vamos, un sen parar!!
Queremos agradecervos a todas e a todos a vosa participación, agardamos vervos para o ano que ven e seguir con esta festa rachada!!
Bicos e apertas
