Quen Somos
“MANCUCO ANIMACIÓN” nace como resposta o aumento da necesidade de dinamización do tempo de lecer nos diferentes ámbitos da sociedade. Somos dúas persoas con ampla formación e traxectorias dentro ámbito da animación sociocultural, deportiva e do tempo de lecer, que unimos as nosas experiencias e recursos a favor da creación de diferentes proxectos.
A nosa solvencia técnica apoiase na formación e experiencia do persoal co que contamos, como elemento diferencial da nosa proposta empresarial. Esto repercute directamente sobre todas as fases dun proxecto: elaboración dun programa específico, desenvolvemento e supervisión das actividades e das diferentes partes do proxecto, conclusions e avaliación final.
Desenvolvemos os nosos proxectos en base a uns principios básicos; “Traballo na Igualdede de Xénero”, “Dinamización Multidisciplinar” e “Educación pola acción”.
Os programas que plantexamos abarcan diferentes aréas; “Conciliación Familiar”, “Animación Artística”, “Animación Deportiva”, “Saúde e Benestar Físico e Emocional” “Educación e Formación” e “Natureza e Aire Libre”.
A través do noso traballo e os servizos que ofertamos, chegamos aos diferentes colectivos sociais; nenos/as, mozos/as, adultos/as e maiores. Tamén traballamos con colectivos específicos coma persoas con discapacidades físicas e intelectuais, persoas en risco de exclusión social e outros.
David Orihuela Conde
Cesáreo Villar Bermejo.