Campamento «A Tarela» 2020 Maiores

Campamento A Tarela 2020 Maiores

PRIMEIRO E SEGUNDO DÍA DE CAMPA

O domingo comezamos o campamento de verán da quenda d@s maiores. Despois de converternos en auténticos periodistas para presentarnos  entre nós, familiarizarnos coa instalación e coñecer as normas; fomos a praia de Cabeiro a darnos o primeiro chapuzón da semana e a facer uns xogos divertidos nos que a memoria tiña un papel importante.

Pola noite percorremos o perímetro da instalación na PROCURA D@S MONITOR@S. Agochadiñ@s como estaban, aínda que nos deixamos o pelexo,  foinos difícil atopalos.

O luns comezamos o día cantando, bailando e con moita enerxía. Despois, fixemos un obradoiro de papaventos e pasamos o día na praia facendo xogos tradicionais.

Seguimos gozando da experiencia!!

Próximamente teredes máis novas … biquiños dende a distancia.

Bos días!!

Aquí estamos de novo para contarvos que levamos tres días de festa rachada. Praia, xogos, obradoiros de construcción para a Feira Franca que realizaremos hoxe pola tarde, camiñata para visitar os Castros de Baroña, cantos, risas, e algún que outro susto coa Velada do TERROOOOOOOOOOOR!

Xa falta menos para rematar esta aventura pero seguiredes tendo novas nosas

Biquiños a moreas

REMATOU. Rematou un campa xenial e, como non podía ser de outro xeito coas mozas e mozos que viñeron a el, rematou ó gande.

As monitoras de A PERCUDORÍA viñeron a ensinarnos a tocar bombos e tambores e a facer unha gran festa coa percusión. Ademais, fixemos a nosa propia FEIRA MEDIEVAL creando a nosa moeda, os nosos postos e facendo un montón de xogos de lecer. Por outro lado, cumplíronse cos retos propostos. Como podedes ver nas fotos, Roi foi o gran perdedor do xogo da pinza   GRANDE ROI!!

E así, día a día, foi pasando unha semana chea de xogos, retos, compañeirismo, cariño, risas e algún que outro susto (Manolaaaaaaa)

Moitas gracias a TOD@S por participar nesta gran aventura chamada convivencia. Esperámosvos para o ano.

Miles de bicos e apertas compañeir@s

Scroll al inicio