Actividades excursión no campo

Campamento de verán “O MUNDO DOS CASTELOS” en Herbón (Padrón) 2023

[layerslider id=»3″]

 

  • Tipo de actividade: CAMPAMENTO DE VERÁN no concello de Padrón, provincia de A Coruña, en réxime de pensión completa.
  • Dirixido a nenas e nenos de idades comprendidas entre os 7 e os 17 anos.
  • Datas:do 4 de xullo ó 12 de xullo.
  • Localización: CONVENTO DE HERBÓN (PADRÓN). As beiras do río Ulla e próximo a desembocadura do mesmo, coa ría de Arousa.
  • Historia: Nas fértiles terras da parroquia padronesa de Herbón sitúase o Convento de San Antonio, mostra franciscana por excelencia. Neste val bañado polas augas do Sar e do Ulla, instalouse esta orde en 1396 e perdurou no tempo durante máis de seis séculos, chegando aos nosos días. Este centro convida a todo visitante que se aproxime a sentir e respirar a calma, a sobriedade, a tranquilidade e o acougo que reina nolos seus centenarios muros. Para acceder ao convento hai que pasar por unha ancha costa con lixeira pendente que nos conduce á porta da capela, onde, á dereita, pódese contemplar unha fonte que representa un dos franciscanos en postura de oración. Na fonte reza unha inscrición que nos indica que foi construída en 1786, aínda que como se indicou con anterioridade, os relixiosos xa andaban por estas terras desde 1396. De estas terras sae un dos recursos máis prezados da nosa zona, os pementos de Herbón, traídos desde as Américas por un dos franciscanos que percorreu aquelas terras e que permitiron proxectar a Padrón ao escenario gastronómico nacional e internacional. Por este enclave pasa o Roteiro do Pemento de Herbón, e moi preto atópanse as pesqueiras de lamprea. Visita virtual 360º do convento de San Antonio de Herbón.

O concello tamén conta cun patrimonio cultural, gastronómico e natural onde destaca a RUTA ROSALIANA, o parque botánico, as ribeiras dos ríos Ulla e Sar e os pementos de Padrón.

  • Instalación: antigo convento franciscano dedicado actualmente a hospedaxe. Totalmente reformado para acoller este tipo de eventos. No seu interior dispón de salas comúns, habitacións, baños, espazos compartidos…ideais este tipo de servizos. A súa muralla exterior alberga máis de 5000 metros cadrados de auténtica riqueza natural onde poder desenvolver multitude de actividades. Dispón tamén dunha PISCINA EXTERIOR de uso exclusivo para os nenos/as do campamento.
  • Inclusión dun Socorrista Acuático no grupo de traballo.
  • Dietas especiais(celíaca, vegana, intolerancias e alerxias).
  • Descrición do programa: aproveitando a atmosfera que nos ofrece esta paraxe, a temática do campamento versará sobre o mundo dos Castelos e a época medieval. Algunhas das actividades que as usuarias e usuarios realizarán neste campamento de durmida son as seguintes: actividades na natureza, xogos, obradoiros artísticos, actividades de auga, saídas, veladas nocturnas, actividades destinadas ó coñecemento dos castelos, e moito máis.
  • Excursións: o presente programa inclúe dúas saídas a zonas da costa próxima a nosa contorna.
  • Seguro de Responsabilidade Civil.
  • Prezo: 365 euros. Descontos para familias:
    • 2º fillo/a o 15 %
    • 3º fillo/a o 25 %
  • Data límite de inscrición: 27 de xuño do 2023.
  • Reunión informativa o 28 de xuño do 2023. Achegarase a información por correo electrónico.

 

Podes descargar AQUÍ a solicitude de inscrición.

Scroll al inicio