• Descrición: campamento de verán na costa, en réxime de pensión completa.
  • Datas: do 28 de Xullo o 4 de Agosto.
  • Localización: o albergue está situado en Porto do Son (A Coruña), a escasos metros da praia de Cabeiro. Atópase na lomba dun monte, dende onde podemos observar a paisaxe íntegra da ría de Muros e Noia e quedar abraiados cas súas fermosísimas postas de sol.

O concello goza dun patrimonio cultural, arqueolóxico é natural únicos, onde destaca o Castro de Baroña. Declarado Patrimonio Artístico Nacional e Ben de Interés Cultural.

  • Instalación: antigo colexio totalmente reformado, para acoller este tipo de eventos.Todas as salas comúns, habitacións, baños e espazos compartidos, contan con mobiliario novo. É un edificio de 4 alturas, cunha superficie de aproximadamente 1.000 m2 por planta, no que atopamos: un gran comedor, cociña, baños e duchas individuias, habitacións para 4 persoas con literas e máis…

A finca consta duns 31.000 m2 onde desenvolver múltiples actividades. Dentro da mesma dispoñemos dunha pista deportiva.

  • Inclusión dun Socorrista Acuático no grupo de traballo.
  • Dietas especiais (celíacos, veganos, intolerancias…).
  • Actividades: xogos, dinámicas de grupo, obradoiros artísticos e manuais, actividades medioambientais, actividades deportivas, andainas, praia, grandes xogos, veladas nocturnas…e moitas máis!
  • Seguro de Responsabilidade Civil.
  • Prezo: 385 euros. Descontos para familias:
    • 2º fillo/a à 10 %
    • 3º fillo/a à 20 %
  • Data límite de inscrición: 11 de Xullo
  • Reunión informativa á finalización do prazo de inscrición.

0 comentarios

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *